Día das letras galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

8:00



Naceu na parroquia de Os Vilares ( Guitiriz - Lugo )no 1914 e desde aquela viviu ligado a esta paisaxe e contorno a carón da Serra de Montouto onde vai fenecendo a Terra Cha.

Ingresou no Seminario de Mondoñedo no ano 1929 ainda que non se ordenou, foi profesor en Madrid, donde se trasladou no ano 1948. Traballou como traductor no Instituto de Estudios Hispánicos e no Ministerio do Interior, grazas ós coñecementos que tiña de catorce idiomas
Díaz Castro suele ser encuadrado dentro da xeneración dO 1936 ó lado de poetas como Ricardo Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño.

A súa única obra foi Nimbos

O 3 de outubro do 1990 foi soterrado Xosé María Díaz Castro, no cemiterio de Guitiriz, coa asistencia de escritores e veciños, coma Manuel María, Uxío Novoneyra, Darío Xohán Cabana, Luís González Tosar, Miguel Anxo Fernán-Vello, Paco Martín.

Información sacada da páxina web Poeta Díaz Castro.




PENÉLOPE

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.


Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.


Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.


Desorballando os prados como sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

You Might Also Like

5 comentarios

  1. Feliz día! Y poeta que me descubres. Gracias!
    Besotes!!!

    ResponderEliminar
  2. Feliz día con retraso, besotes!

    ResponderEliminar
  3. Feliz día (también con atraso) y in poema y poeta a descubrir el de hoy.
    Besitos

    ResponderEliminar
  4. Con retraso, pero... ¡feliz día!

    ResponderEliminar

Yincana Criminal

My little book box

My little  book box
Código de descuento.- omeu

Sigueme

Páginas vistas en total

Valoraciones

Valoraciones

Tarro-libro 2016

Reto Eternos Pendientes

Me podéis leer en